Unicornio de cenorias que cabalgas os sábados
Decembro 16 2007 &pmpm2007-12-16T22:29:06+01:00u31Europe/Berlin;06 10:29 pm | En Estudos | 5 comentariosÉste é o título da única obra publicada do colectivo Ronseltz (para saberdes algo máis, podedes ler esta nova onde hai a posibilidade de descargar unha escolma de textos). Este grupo surxiu dentro da UDC aló no ano 85 con ganas de rachar coas convencións e cos popes que incluso unha literatura minorizada como a galega tamén tiña (e ten, of course). De aí, algúns poemas míticos relacionados coa poesía paisaxística tan cultivada por autores clásicos galegos:
Galiza
Todo na miña terra é paisaxe
Menos traxe,
paxe
e garaxe.
A voltas coa UDC
Decembro 16 2007 &pmpm2007-12-16T19:43:00+01:00u31Europe/Berlin;00 7:43 pm | En Estudos | 6 comentariosDavid Bodegas, galego recoñecido coma O Rei da Comedia na TVE, fai unha descrición das excelencias do comedor universitario da UDC, así como das viaxes no bus.
E risas son risas, pero canta verdade hai nas súas palabras!!
Por se vos enganchades ás súas historias, no Youtube poderedes atopar máis videos deste carballés.
Ola!
Decembro 16 2007 &pmpm2007-12-16T15:56:33+01:00u31Europe/Berlin;33 3:56 pm | En Sen clasificar | 4 comentariosBenvidas/os ao meu pequeno espazo público. Aínda está en período de construción (acabo de asentar as bases nada máis), polo que seguro que veredes cousas fóra do seu sitio. Paciencia. Cunhas unhas imaxes polas paredes e algo que ver na tele poida que chegue a expandir aquí a sala da miña casa… poñédevos cómod@s.
Comezamos.
caviar de grelos é outro habitante da Blogaliza correndo
WordPress
Tema Pool deseñado por Borja Fernandez.
Sementes (feeds) RSS das anotacións e dos comentarios.
XHTML e CSS válidos. ^Enriba^