A voltas coa UDC

Decembro 16 2007 &pmpm2007-12-16T19:43:00+01:00u31Europe/Berlin;00 7:43 pm | En Estudos |

David Bodegas, galego recoñecido coma O Rei da Comedia na TVE, fai unha descrición das excelencias do comedor universitario da UDC, así como das viaxes no bus.

E risas son risas, pero canta verdade hai nas súas palabras!!


Por se vos enganchades ás súas historias, no Youtube poderedes atopar máis videos deste carballés.

6 comentarios »

Semente (feed) RSS dos comentarios desta anotación. URI para facer seguemento

  1. ¡Qué recuerdos!, el comedor, los buses, ¡Cómo odio los buses!, no sé si os acordais el primer año que nos mandaron para arriba del todo que uno no sabía muy bien como organizarse con los buses, y podías coger el que te dejaba en la carrtera o el que te dejaba en arquitectura, qué desastre!, la de pancartas y manifestaciones que hizo el CAF. El comedor era decentillo, para mi gusto mejor que el de la antigua filología, aunque creo que el actual está muy bien. Gracias Bea por traer a mi memoria esos bonitos momentos.Saludos

    Comentario por pipe — 16 Decembro 2007 #

  2. Pois si! Pero eu creo que o peor dos buses non o chega a contar o Rober por falta de tempo: a sensación de ser unha sardiña enlatada que en vez de aceite está bañada en suor propio e alleo. Cantas veces tería viaxado de pé ao lado do condutor e coa cara pegada ao cristal do parabrisas!

    Do peoriño!

    Comentario por caviardegrelos — 16 Decembro 2007 #

  3. Wapa! Xa estás toa modernizada nisto dos blogs! con vídeos e todo! Muito ben rapariga…

    …iso de que diga de “La Coruña”…en fin…abstéñome de comentarios!

    Moitos bicus!

    Comentario por Eu tamén navegar — 17 Decembro 2007 #

  4. Eu tamén me declaro fan do tal Rober Bodegas, si. E que conste que vivo en carne propia o drama da comidas no “montus” coruñés, porque como veño de Santiago,non me queda outra que comer na facultade. Para min é o peor do máster. Que duro verlle a cara día tras día o prato combinado de turno. Se as miñas neuronas non dan a talla, a culpa é da mala alimentación

    Comentario por Laura Rubio — 17 Decembro 2007 #

  5. Hai un dito curioso que di: “Deus dea a quen lle botar as culpas”; pero no teu caso, Laura, é a pura realidade. Está claro que non podes render o mesmo a base de comidas realizadas nun (ce/a)ntro do ámbito educativo.
    Supoño que todos temos a imaxe da enfermeira-cociñeira dos Simpson metida na cabeza, e iso parece que fai que miremos/comamos os pratos que nos poñen con peores ánimos.
    [De todas formas direiche que o conto da cafeta de filoloxía cambiou moito: se agora non che aquela moito, antes sería motivo de abandono!]

    Eu tamén navegar, xa o vin, xa o escoitei, pero creo que simplemente se lle foi a olla ao Rober. Eu non o coñezo, pero creo que se lle nota que é galegofalante habitual, e os seus monólogos no país (hai videos no youtube) e as intervencións que fai en Radiovoz Carballo son en galego.

    Os nervios de saír na tilivisión, que stás seguido seguido cos lapsus linguae e así non hai maneira.

    Comentario por caviardegrelos — 18 Decembro 2007 #

  6. Pois si que están graciosos os monólogos. Como nunca vira o programa non sabía quen era o rapaz. Pero ten razón quen comentou que se esquecera de dicir que vamos enlatados como xardiñas.
    Por certo, moi orixinal o nome de caviardegrelos.

    Comentario por Lucía — 19 Decembro 2007 #

Deixar un comentario

XHTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>

caviar de grelos é outro habitante da Blogaliza correndo WordPress Tema Pool deseñado por Borja Fernandez.
Sementes (feeds) RSS das anotacións e dos comentarios. XHTML e CSS válidos. ^Enriba^