Unicornio de cenorias que cabalgas os sábados

decembro 16 2007 &pmpm2007-12-16T22:29:06+01:00u31Europe/Berlin;06 10:29 pm | En Estudos |

Éste é o título da única obra publicada do colectivo Ronseltz (para saberdes algo máis, podedes ler esta nova onde hai a posibilidade de descargar unha escolma de textos). Este grupo surxiu dentro da UDC aló no ano 85 con ganas de rachar coas convencións e cos popes que incluso unha literatura minorizada como a galega tamén tiña (e ten, of course). De aí, algúns poemas míticos relacionados coa poesía paisaxística tan cultivada por autores clásicos galegos:

Galiza

Todo na miña terra é paisaxe

Menos traxe,

paxe

e garaxe.

6 comentarios »

Semente (feed) RSS dos comentarios desta anotación. URI para facer seguemento

  1. Ola!
    Descoñecía totalmente a existencia de Ronseltz, e fíxome especial ilusión saber que foi creado no antigo Colexio Universitario de Filoloxía e que Miki Nervio (do que teño discos que lle merquei na rúa) formara parte del!

    Estes son os comentarios referidos a este colectivo que máis me gustaron do link que puxeches:

    “Estábamos cansos de toda esta historia, que chamábamos `cultura do sobaco´, os intelectuais que paseaban cos folios debaixo do brazo a ollar o teito”.

    e

    “Unha boa definición é que Ronseltz conxugaba Eric Clapton con Avelino Cachafeiro”.

    Grazas por descubrirmos!

    Comentario por Laura Mariño — 16 decembro 2007 #

  2. Pois alégrome ben!! A lástima é que o libro está esgotado desde hai varios anos, e nin co conto do 20 aniversario Ed. Positivas se animou a reeditalo. Unha pena.
    Non sei se liches a escolma, pero hai algún verdadeiramente xenial, como o de Novoneyra en Nova York. De feito, ao ver o blog de Cecilia a cita de Novoneyra foi cando me lembrei de Ronseltz.
    Así que tamén ela tivo parte no descubrimento!

    Comentario por caviardegrelos — 16 decembro 2007 #

  3. Ola, Caviar!
    Nunca vira a David Bodegas, qué risa… e iso que eu non collín esos buses…
    E qué divertidos son tamén os de Ronseltz!
    Mola o teu blog, non sabía que existía blogaliza, qué pena porque o prefería a blogger, pero bueno, para o próximo jeje
    Saúdos!

    Comentario por cecilia — 17 decembro 2007 #

  4. Wapa! Pois aquí tou! Espero que sigas espallando os teus coñecementos desde este recuncho por moito tempo… teño que dicir que, moitas veces, aprendo máis cousas léndoas nos blogs que nos libros porque xa que estás conectada…

    Encántame a poesía rompedora e, en particular, a poesía galega que non en está enmarcada nas directrices do socialrealismo.

    Moitos bicos!

    Comentario por Eu tamén navegar — 17 decembro 2007 #

  5. Graciñas, Cecilia e Eu tamén navegar, pola vosa pegada por aquí!

    Para poesía rompedora, a aplicación que tiñan os aduaneiros (diolosteñanagloria e quevolvanrápido) para facer poesía galega. Seguro que a coñeciades: só tiñas que lle dar a un botón e deseguido saía un poema feito con versos de textos míticos. E saía algún que era ben mellor que os orixinais!!

    Comentario por caviardegrelos — 18 decembro 2007 #

  6. Rimsky went the dazzlingly buy cytotec then announced estivities.

    Comentario por Pwhndvve — 9 agosto 2008 #

Deixar un comentario

XHTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

caviar de grelos é outro habitante da Blogaliza correndo WordPress Tema Pool deseñado por Borja Fernandez.
Sementes (feeds) RSS das anotacións e dos comentarios. XHTML e CSS válidos. ^Enriba^